CRTVG

Buscar

As charangas, unha alternativa ás clásicas verbenas galegas

Publicado o 11/08/2020 15:37

Oito músicos, un técnico de son e moita enerxía. A Mekánika Rolling Band é unha charanga de Negreira que se reivindica como a mellor opción para animar as festas neste particular verán.

"Somos a mellor alternativa para estes tempos de covid-19", asegura Nolo Chazo, batería da Mekánika. Porque a verdade é que ganas de festa e de música na rúa hai.

"Con moi pouco fan moito, dan vida e alegría", conta unha muller do público que asistiu á actuación da charanga. 

E alegría non lle falta a esta charanga, que tanto toca unha cumbia como versiona un clásico de rock ou da música galega.

Nas próximas semanas van estar rulando por distintos lugares de Galicia, moitos menos que o ano pasado, din. Para os que queiran chimpar con eles, a vindeira cita é o domingo en Ordes.

Noticias web

11/08/2020