CRTVG

Buscar

As celebracións comunitarias dos aniversarios xa son unha tradición

Publicado o 14/04/2020 20:26

Como xa recibira a visita dos bombeiros e da Policía Local, Lita non contaba con máis sorpresas e mataba o tempo na cociña facendo torradas. Pero neste barrio de Sanxenxo, onde son familia, non pasaron por alto a ocasión para darlle ánimos á súa veciña.

Os 101 anos de Dolores tamén foron especiais. Como a súa familia de Mos non a puido visitar na residencia de Salceda, os da casa fixeron esta foto para mandarlla e comeron torta para celebrar a súa boa saúde e a sorte que teñen de tela nas súas vidas. Agora que estamos confinados, os festexos de aniversarios son máis sociais ca nunca. Para mostra, o de José, a quen os seus veciños do Calvario, en Vigo, lle dedicaron este aplauso polas súas 89 primaveras.

Noticias web

14/04/2020