CRTVG

Buscar

As cancións do 'Xabarín' soan en Santiago para festexar os 25 anos do programa

Publicado o 12/03/2019 21:45

O vindeiro 18 de abril o programa Xabarín da TVG fai 25 anos. E, para celebralo, esta casa organiza dous días de concertos na sala Capitol de Santiago. Uns concertos en que se revisitan as famosas cancións do Xabarín e que despois serán emitidos en Televisión de Galicia.

O programa Inimitables volverá emitir os concertos que se celebran hoxe e mañá na Sala Capitol. Nestas dúas xornadas, 9 grupos galegos revisitan as cancións máis famosas do Xabarín. Música que marcou a infancia de varias xeracións.

Pero estes días escoitaremos tamén a Ataque escampe, Som do Galpom, Broken Peach, Triángulo de Amor Bizarro,The Lacazans, Dakidarría, Fondo Norte, entre outros. A entrada a estes concertos é de balde. Para asistir poden descargar unha invitación na páxina web da Sala Capitol.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019