CRTVG

Buscar

As cancelacións e atrasos continúan nas conexións aéreas entre Galicia e Madrid

Publicado o 12/01/2021 21:58

Os aeroportos galegos rexistraron ao longo do día de hoxe ata 12 cancelacións de voos de conexión con Madrid. O aeroporto máis afectado foi o da Coruña con 6 voos cancelados. Aínda así AENA informa de que pouco a pouco se está a producir unha recuperación gradual do tráfico aéreo con Baraxas. Aquí, no aeroporto de Vigo hoxe suspendéronse dous voos, un de saída e outro de chegada, pero este aeroporto de Peinador recibía esta mañá o primeiro voo procedente de Madrid desde o pasado venres. Un voo que logo de sucesivas cancelacións chegou con atraso, pero chegou.

O aeroporto de Peinador recuperaba este martes o primeiro voo procedente de Madrid logo de catro días de conexión interrompida con Baraxas por mor do temporal. Chegou con certo atraso en relación á hora prevista, pero chegou.

En Peinador agardaban tamén os que querían viaxar cara Madrid logo de días de espera e varias cancelacións.

Finalmente estes viaxeiros puideron subir ao seu avión, pero non os que tiñan billete para o voo da tarde. AENA confirmou que o aeroporto de Vigo sufriu este martes dúas cancelacións. No aeroporto de Santiago canceláronse catro voos. E o aeroporto máis afectado foi o da Coruña, con 6 voos cancelados, tres saídas e tres chegadas procedentes de Madrid.

Noticias web

12/01/2021