CRTVG

Buscar

As campás e os campaneiros, unha paisaxe sonora galega en extinción

Publicado o 28/03/2019 21:48

Pode que estea na recta final da historia, pero a arte de facer campás ao xeito de sempre mantense na parroquia de Arcos da Condesa, en Caldas, moi viva. Este obradoiro é o único e último reduto de España onde o oficio de campaneiro non se extingue, sobrevive a catro séculos e 5 xeracións.

Mesmo proceso, mesmos materiais -bronce, barro e leña- e a ausencia da máquina, avalan un son e unhas campás reclamadas en todas as partes do mundo: a catedral da Almudena en Madrid, a berenguela compostelá, África ou México. No lugar onde naceron saben ben por que queren estas e non outras campás.

Camiñando pola Ruta Rosaliana atopamos as campás dos Ocampo, tamén un dos últimos campaneiros manuais do país. En Bastavales, na capital da Maía, as campás visten de loito, de festa ou de lume ás ordes de Ramón, fillo e sobriño de campaneiro. Para el tocar non é só darlle ao badalo.

Este é o toque de Rosalía, ou muiñeira, escoitámolo só en sábado ou en domingo e, iso si, hai que estar na aldea para gozar dun oficio que esmorece.

A herdanza que recibiron Chicho e Ramón pode que non teña sucesores, por iso, cómpre preservar o patrimonio sonoro e cultural dunha linguaxe que non debería morrer aínda que estea xa tan preto do ceo.


 

23:14

Unha tradición que se resiste a desaparecer en Galicia

23:14

De aquí saíron A Berenguela e campás de medio mundo

De aquí saíron A Berenguela e campás de medio mundo

23:13

No obradoiro de Chicho fan campás desde hai catro séculos!

23:12

E quen sabe canto tempo seguirán fabricando estas campás en Caldas

E quen sabe canto tempo seguirán fabricando estas campás en Caldas

23:11

Ramón, o campaneiro de Bastavales, non ten que o substitúa

23:11

E está esmorecendo...

E está esmorecendo...

23:10

É parte do noso patrimonio sonoro

22:52

Soan a loito, a festa, a fume...

22:21

As campás teñen a súa propia linguaxe

As campás teñen a súa propia linguaxe

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/03/2019