CRTVG

Buscar

As bases de Podemos na Rioxa critican o bloqueo da súa deputada a un goberno socialista na Comunidade

Publicado o 19/07/2019 14:53

Hai polémica en Podemos pola decisión da súa deputada na Rioxa de impedir un goberno socialista na comunidade.

Círculos do partido na Rioxa piden "perdón polo vergonzoso espectáculo" da súa única representante no Goberno autonómico. Denuncian que Raquel Romero desoíu a vontade das bases ao votar contra a candidata socialista, e piden que se convoque unha consulta. A dirección de Podemos pediulle sen éxito á súa deputada que facilitara a investidura de Concha Andreu, que lle poría fin a 24 anos de gobernos do PP na Rioxa.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019