CRTVG

Buscar

As ANPA galegas pídenlle a Feijóo unha volta ás aulas segura

Publicado o 26/08/2020 18:53
As ANPA galegas pídenlle a Feijóo unha volta ás aulas segura

Polo inicio do curso escolar, a Confederación de ANPAS galegas remítelle unha carta ao presidente da Xunta. No escrito, as asociacións de pais e nais de alumnos amosan a súa preocupación pola volta ás aulas. Dinlle a Feijóo que teñen medo porque cren que os protocolos vixentes para o inicio do curso escolar son insuficientes. Pídenlle novas medidas para garantir a seguridade dos alumnos nas clases.

Noticias web

26/08/2020