CRTVG

Buscar

As altas temperaturas provocan os primeiros incendios forestais en Portugal

Publicado o 05/07/2020 09:29
As altas temperaturas provocan os primeiros incendios forestais en Portugal

Portugal sofre esta fin de semana os primeiros incendios forestais do verán. A autoridade nacional de emerxencias e protección civil rexistran un total de 47 lumes, dos que 35 aínda estarían activos na mañá deste domingo e 12 xa quedaron extinguidos.

O máis importante foi o incendio que se iniciou a media tarde do sábado en Janeiro de Baixo Pampilhosa da Serra, no distrito de Coímbra e que quedou dominado á medianotie tras a intervención de medio milleiro de efectivos. 

As altas temperaturas fan temer que ao inicio deste verán se poidan producir novos focos.