CRTVG

Buscar

As alcaldías de Madrid e Barcelona, pendentes duns resultados moi abertos

Publicado o 26/05/2019 14:52

A alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, explicaba que hoxe é o día de recibir as notas a unha xestión de catro anos e que as espera con ilusión.

A alternativa a Carmena, José Luis Martínez Almeida, do PP, amosábase optimista ante a posibilidade dun cambio político.

Tamén aspira á alcaldía Begoña Villacís, de Ciudadanos, e tanto ela como Pepu Hernández, do PSOE, e Ortega Smith, de Vox, poden ter a chave do próximo consistorio.


En Barcelona, outra muller alcaldesa, Ada Colau, apelaba hoxe a votar masivamente para "conquistar o futuro".

O seu gran rival, Ernest Maragall, de Esquerra, sinalou que votaba "pola dignidade do país", en referencia a Cataluña.

O socialista Jaume Collboni, Elsa Artadi de Junts per Cataluña e o ex-primeiro ministro francés, Manuel Valls, poden ser voces decisivas para conformar unha maioría na cidade condal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/05/2019