CRTVG

Buscar

As liñas aéreas intentan recuperar clientes ofrecendo voos a baixo prezo

Publicado o 05/10/2020 21:59

A afluencia de xente nos aeroportos é claramente menor ca outrora. A pandemia e todas as restricións derivadas dela trouxeron consigo un claro descenso na demanda de voos.

Agora, as liñas aéreas intentan recuperar clientes. Fano reducindo prezos, sobre todo nos voos nacionais.

As webs das compañías que operan en Galicia teñen á venda billetes de baixo custo que rozan os 30 euros.

No caso dos voos internacionais tampouco é allea esa situación, polo que as liñas aéreas buscan adaptarse.

Exemplo disto é o grupo Air France, que abandonara o aeroporto vigués de Peinador no ano 2015 e anunciaba a semana pasada que volverá á nosa comunidade con frecuencias reforzadas e prezos reducidos.

Se a situación sanitaria evoluciona favorablemente, a partir do vindeiro mes de abril, o aeroporto de Santiago contará con dúas frecuencias semanais directas a París a partir de 34 euros.

Noticias web

05/10/2020