CRTVG

Buscar

As administracións poñen o ollo no Xacobeo como clave para reactivar o turismo

Publicado o 16/11/2020 15:42

Coa mirada posta xa no Xacobeo e en como potencialo no medio da pandemia, Xunta, Goberno e Concello ultiman o plan turístico para Santiago.

A vista de Santiago hai un ano e agora non resiste a comparación. A pegada da covid é máis ca evidente. A praza do Obradoiro está case baleira. Reactivar o turismo é o obxectivo prioritario e o Xacobeo é a clave.

O Plan de reactivación do turismo pretende facer do camiño un destino seguro e sostible. Está dotado con 3 millóns de euros que poñen a partes iguais, Xunta, Estado e Concello.

O vicepresidente da Xunta pediulle ao Goberno que se comprometa co Xacobeo tamén nos orzametos.

O obxectivo é que Santiago e o Xacobeo sigan sendo un referente turístico.

Noticias web

16/11/2020