CRTVG

Buscar

Artistas chineses pintan no Camiño para logo promovelo no seu país

Publicado o 25/07/2019 16:31

Día de Santiago en Santiago. Este grupo de artistas chineses programouno todo para rematar así a peregrinación que empezaron cinco días atrás en Valença do Miño.

En cada etapa foron reproducindo os lugares significativos á maneira das pinturas tradicionais chinesas e, ademais no pazo do Quinteiro da Cruz, en Meis, compartiron a experiencia con artistas galegos.

O resultado deste intercambio artístico será a exposición Pensamentos no Camiño, que se poderá ver a partir do proximo día 30 na Facultade de Filosofía de Santiago. E no outono a mostra irá á China, porque a finalidade última deste proxecto é dar a coñecer o Camiño e Galicia na país asiático.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/07/2019