CRTVG

Buscar

Arsenio Iglesias, fillo adoptivo da Coruña

Publicado o 06/03/2020 21:08

Arsenio Iglesias xa é fillo adoptivo da Coruña. É unha das honras que, por unanimidade de todos os grupos políticos, lle concederon ao que fora xogador e adestrador do Deportivo. Ademais, Arsenio, de 89 anos, dará o seu nome á Cidade Deportiva da Torre e a unha rúa da cidade. Ao acto, que se celebrou no salón de plenos do concello coruñés, asistiron o presidente e o adestrador do Deportivo, entre outros. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, desvelou cal foi a reacción de Arsenio cando lle anunciaron a concesión do título de fillo adoptivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2020