CRTVG

Buscar

Arrinca a campaña do bocarte con atraso e incerteza

Publicado o 20/04/2020 15:33

Os que non estaban xa amarrados alí, puxeron esta fin de semana rumbo ao golfo de Biscaia. Abre a campaña do bocarte, vital para os arredor de cincuenta buques de cerco galegos que a traballan.

"É a máis importante para os barcos que van á anchoa, supón máis do cincuenta por cento da facturación do ano, de aí as expectativas e a preocupación".

A costeira arranca con atraso e con incerteza. Ata ver como vai o mercado, as organizacións de produtores acordaron rebaixar o tope diario de capturas e só poderán pescar entre 4.400 e 6.000 quilos por barco.

Din que demanda hai, e esperan que tire do prezo porque as medidas sanitarias lles engadiron máis gastos.

"Demanda hai, expectativas de prezo tamén, pero para a frota galega hai un engadido máis: as viaxes de ida e de volta á casa agora teñen que ser nun autobús por tripulación para cumprir con esas medidas, e iso engade un custo importante".

O inverno foi frouxo para o cerco galego, así que esperan remontar resultados nesta campaña.

Noticias web

20/04/2020