CRTVG

Buscar

Arrimadas confirma o seu embarazo: "Estou moi feliz, custoume moito"

Publicado o 29/10/2019 19:08

A portavoz de Ciudadanos no Congreso e cabeza de lista por Barcelona nas eleccións xerais, Inés Arrimadas, confirmou este martes o seu embarazo despois de que se publicara a noticia.

"Estou moi feliz, custoume moito", manifestou. En declaracións aos xornalistas en Madrid tras reunirse con mulleres autónomas da Asociación de Traballadores Autónomos (ATA), Arrimadas dixo que "é un pouco pronto" e que non quería contar aínda que espera un bebé. "Pero é certo e estou moi feliz, custoume moito. Eu supoño que non afectará a campaña, tentarei facelo o mellor que poida".

 

Noticias web

29/10/2019