CRTVG

Buscar

Arrasa nas redes o vídeo que transforma os principais líderes políticos no 'Equipo E'

Publicado o 13/11/2019 19:14
Arrasa nas redes o vídeo que transforma os principais líderes políticos no 'Equipo E'

As novas tecnoloxías abren un amplo abano de posibilidades. É tan sinxelo como coller o rostro dunha persoa e colocalo no escenario que un queira, creando un vídeo moi crible pero que en realidade é falso. Isto son os 'vídeos deepfakes'. Para comprender mellor o que son, basta con ver o que arrasou nas redes sociais e que transforma os principais líderes políticos das eleccións do 10-N no 'Equipo E', si, con 'E' de España.

Nesta versión subida por 'Face to Fake' a Youtube, podemos ver a 'Hannibal' Casado, Pedro Sánchez 'Fénix', Pablo 'Allen' Iglesias, S.A. Barracus ou Albert 'Murdock' Rivera. Ao final do vídeo hai unha despedida deste último como consecuencia da súa recente dimisión. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí