CRTVG

Buscar

Arrancan e rouban as placas da fachada dun edificio acabado de reformar en Salceda

Publicado o 04/11/2020 15:01

Así deixaron este edifico acabado de reformar no campo de fútbol de Penedo Redondo, en Salceda. Literalmente, arrancaron os paneis que revisten a fachada deste inmoble que alberga as oficinas, a cantina e outros espazos para usos múltiples.

Sucedeu de noite e na zona non hai dispositivos de vixilancia, polo que vai ser complicado dar cos responsables dos estragos.

Centos de persoas empregan cada día estas instalacións. Os nenos das escolas municipais e doutros clubs de fútbo, ademais de afeccionados e asociacións.

Todos condenaron e lamentaron estes actos vandálicos nun edificio que se financiou con 126.000 euros, diñeiro público destinado ao goce de todos.

A zona permanece sinalizada e as obras de reparación acometeranse o antes posible para evitar riscos.

A Policía Local e Garda Civil investigan os feitos e o Concello solicitou da cidadanía calquera información que axude á identificación dos autores dos estragos.

Noticias web

04/11/2020