CRTVG

Buscar

Arquivan unha das denuncias pola morte dun paciente no Clínico

Publicado o 16/04/2019 15:55
Arquivan unha das denuncias pola morte dun paciente no Clínico

A fiscalía arquiva a denuncia dunha das dúas mortes que se produciron o pasado 2 de xaneiro nas urxencias do Hospital Clínico de Santiago. A denuncia fora presentada polo sindicato O'Mega, que entendía que a morte se producira por falta de atención médica. Tras investigalo, a fiscalía non ve ningún indicio de delito na morte da paciente.

A investigación da outra morte no servizo de urxencias aínda non rematou.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2019