CRTVG

Buscar

Armón construirá sete buques para Nueva Pescanova

Publicado o 21/01/2020 15:20

O grupo Nueva Pescanova avanza no seu proxecto de renovación da frota cun segundo buque dos sete que se construirá en total. A inversión ascende a case 43 millóns de euros. 

O primeiro foi con destino a Namibia, onde traballará no procesamento da pescada. O segundo, presentado este martes en Vigo, sairá hoxe mesmo cara a Mozambique onde se dedicará ao lagostino. 

A bordo leva equipos de última xeneración con motores de alta eficiencia enerxética, mellora no confort da tripulación e no procesado das capturas. Foi construído na ría de Vigo polo estaleiro Armón, encargado da renovación da flota para Nueva Pescanova.

O Ponta Matirre saiu este martes cara a filial do grupo Nueva Pescanova en Mozambique, alí adicaráse a captura de langostino dos que pescará cen toneladas ao ano.

En total son sete buques os encargados pola multinacional, tres para Namibia e catro para Mozambique cun investimento de case 43 millóns de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2020