Arden preto de dez hectáreas en Punta Couso, en cangas do Morrazo
Isto que ven é unha propiedade privada na que hai construídas arredor da ducia de vivendas. Chámanlle a Punta Couso, fronte á costa da Vela, e pertence á parroquia do Hío, en Cangas do Morrazo.
Despois das doce do mediodía, varios propietarios alertaron o 112 de que comezaba a arder preto dun pequeno piñeiral moi seco e moi combustible, e sobre todo preto de dúas casas. Esta foi unha das que estivo a piques de arder. Os donos non estaban na zona. Chamounos unha veciña. O burato do tellado provocoullo o peso daga, 5.000 litros, do cazo do helicoptero apagalumes.
O traballo dos bombeiros, da Garda Civil, de Protección Civil de Cangas, e os medios dispostos: sete brigadas, catro motobombas, tres helicópteros e un avión anfibio de gran capacidade fixeron posible controlar as lapas antes de entraren no piñeiral e sobre todo sen que afectasen as vivendas. Arderon case dez hectáreas de terreo. O lume está extinguido, pero os veciños dinnos que quedarán atentos toda a noite porque este vento do nordés é propicio para reavivar o lume.