CRTVG

Buscar

Arden dous vehículos e un colector do lixo en Vigo

Publicado o 29/10/2020 11:07

Apenas se intúe o colector completamente derretido sobre a calzada. Contra as dúas da mañá os veciños escoitaron ruidos e pensaron que era o camión do lixo.

Vicente Rodríguez é o propietario dos dous vehículos e desta empresa. Está convencido de que o incendio foi intencionado xa que alguén moveu o colector do lixo para colocalo entre os dous vehículos.

Ademais dos vehículos Vicente perdeu unha maquinaria moi valiosa de máis de vinte mil euros, porque os seus empregados chegaron tarde da Coruña e non baleiraron unha das furgonetas.Agora está pendente do seguro e de repoñer os vehículos.

Aínda así está satisfeito de que as lapas non chegasen á nave.A mesma noite houbo outro conato de incendio no barrio e hai uns días outro na próxima avenida de Galicia. A investigación inicial da Policía non desbota que fose un incidente fortuíto.

Noticias web

29/10/2020