CRTVG

Buscar

Ferido un bombeiro da BRIF de Laza nun incendio en Vilar de Barrio no que xa arderon 50 hectáreas

Publicado o 12/09/2020 19:19
Ferido un bombeiro da BRIF de Laza nun incendio en Vilar de Barrio no que xa arderon 50 hectáreas

O incendio forestal comezou contra o mediodía en Rebordechau, no concello ourensán de Vilar de Barrio, e permanece activo. Segundo Medio Rural, van queimadas, polo momento, unhas 50 hectáreas.

Nos traballos de extinción feriuse un bombeiro forestal da BRIF de Laza, que foi trasladado ao hospital de Verín con queimaduras de segundo grao nunha perna, das que se recupera favorablemente.

Xunto coa BRIF de Laza e a de Tabuyo del Monte, que gravaron dende o aire estas imaxes, traballan contra as lapas sete brigadas, dúas motobombas, catro helicópteros e catro avións.