CRTVG

Buscar

Arde unha casa en Noia cando o dono afumaba uns chourizos

Publicado o 15/07/2020 14:24

Catro dotacións de bombeiros tiveron que acudir ao lugar da Alvariza, en Noia, para sufocar o lume nunha casa.

A vivenda non está habitada, pero nese momento estaba o dono no interior, onde facía lume para afumar chourizos. Supostamente ese foi a orixe das lapas.

​Os veciños non se estrañaron ao ver fume saíndo da casa. Saben que o dono non vive aquí pero emprega o immoble para afumar chourizos que, segundo din, vende nunha carnicería no mercado de Noia.

O que xa lles extrañou foi ver ademais do abondoso fume catro dotacións de bombeiros.

Francisco Manuel Sampedro Pérez, sarxento do parque de bombeiros de Boiro: "Desprazouse unha dotación de Boiro ata ao lugar e comprobouse que efectivamente estaba ardendo unha casa deshabitada, unha casa antiga. Estaba traballando xa o servizo municipal de Protección Civil de Noia. Ardía unha casa de dúas alturas con placas de madeira. E o traballo consistiu xa en apagar o incendio non houbo que lamentar danos persoais. Había unha persoa que estaba dentro da vivenda pero saíu polo seu propio pé. Estivo colaborando con nós o servicio municipal de Protección Civil, Bombeiro de Ribeira e o GES de Brión".

As lapas eran fortes e os diversos servizos de bombeiros tiveron que atacar o lume dende fóra, polos ocos de fiestras e portas. Tardaron máis de dúas horas e sufocar todo.

Francisco Manuel Sampedro Pérez, sarxento do parque de bombeiros de Boiro: "Era unha casa antiga e con placa de madeira e o teito colapsara e houbo que remexer materiais e evitar que se propagara a outras zonas".

Ao parecer o dono estaba dentro tentando de controlar o incendio, que foi quen supostamente deu a voz de alarma. Saíu ileso, como os dous cans que gardan a leira. So hai danos materias.

Noticias web

15/07/2020