Arde un coche na A-52 e provoca un incendio forestal no concello de Toén
Publicado o 07/08/2020 09:53
Arde un coche na A-52 e causa un incendio forestal. Foi onte á tarde antes do túnel de Alongos, no concello de Toén, en sentido a Ourense. Por causas que se desoñecen o coche deflagrou e, por fortuna, a condutora puido arrimalo a beiravía da autovía, saíndo ilesa. As lapas propagáronse á vexetación do noiro e queimaron unha hectárea de monte. Bombeiros do Carballiño conseguiron extinguir o lume, malia as altísimas temperaturas que dificultaban os labores.
Máis sobre actualidade
07/03/2021 09:59
07/03/2021 09:33