CRTVG

Buscar

Arde por completo un coche esta mañá en Oia cando circulaba pola PO-552

Publicado o 23/02/2020 10:34

A Garda Civil investiga a posible causa do sinistro que acabou cun coche totalmente calcinado pouco despois das sete e media da mañá deste domingo no concello pontevedrés de Oia.

Segundo o propio condutor, un veciño da zona do Baixo Miño, o turismo circulaba pola PO-552 cando á altura da chamada recta de Pedornes comezou a arder. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais, pero a intensidade do lume fixo precisa a intervención dos bombeiros do GES da Guarda.