CRTVG

Buscar

A Coruña estrea arcos con sensores e semáforos para controlar a capacidade das praias

Publicado o 22/06/2020 09:45

Son os novos arcos con sensores cos que xa se controla, en tempo real, a acollida máxima permitida nas praias urbanas de Riazor, Orzán e O Matadoiro. Luz verde para acceder. Vermella se xa non se permite a entrada de máis persoas ao areal. 

Destínanse uns 20 metros cadrados a cada usuario, e o número máximo de persoas concentradas a un tempo nas tres praias oscilará entre as 4.000 e as 8.000, segundo a variación das mareas, e o tamaño dos grupos de usuarios. Ademais, a vixilancia refórzase cun dispositivo policial específico.E fan un chamamento á responsabilidade individual.

A información sobre a situación de cada praia pódese consultar na web do Concello e nos paneis informativos instalados nos areais. Un novo xeito de ir á praia, con restricións, que, con todo, non disuade de desfrutar dunha xornada de sol e calor a carón do mar.

 

 

Noticias web

22/06/2020