CRTVG

Buscar

Aragonès asina o decreto da convocatoria das eleccións para o 14-F en Cataluña

Publicado o 21/12/2020 21:21

As eleccións catalás xa están oficialmente convocadas para o 14 de febreiro. O presidente en funcións da Generalitat, Pere Aragonès, asinou o decreto que chama os cataláns ás urnas. Faino unha vez esgotados os dous meses que marca a lei sen que ningún grupo designase candidato para substituír o inhabilitado Quim Torra.

Pere Aragonès asegurou que a Generalitat traballará para que a pandemia afecte o menos posible os comicios.

Noticias web

21/12/2020