CRTVG

Buscar

Aprendendo na Rede con María Yáñez

Publicado o 16/04/2019 17:46

Como o audiovisual e a creación de contidos para as redes se está a utilizar nas aulas como unha ferramenta de aprendizaxe: A lus do mundo é un proxecto de educación participativa do IES Díaz Castro de Guitiriz. EPDLab (Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento) é un proxecto impulsado por Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) para traballar en distintos centros de ensino coas novos narrativas. Educagram é unha comunidade educativa creada en Instagram por Luis Pérez, profesor de xeoloxía no IES O Castro de Vigo, e Olloboi, o festival de audiovisual escolar de Boiro, que prepara xa a súa nova edición para o 10 de maio.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2019