CRTVG

Buscar

Aprazados a outubro os Premios Martín Códax

Publicado o 22/06/2020 14:51

Os premios Martín Códax celebraranse sempre que as condicións sanitarias o permitan, segundo a organización; iso si, trasládanse ao 21 de outubro.

Inicialmente estaba previsto que a gala se celebrara o cinco de maio no mesmo escenario, o Pazo de Cultura de Pontevedra.

Este ano os Martín Códax superan marcas, máis de 550 músicos inscribíronse para optar a un dos premios da música galega.

Cantantes como Xoel López no apartado pop, Xabier Díaz no folk ou The Vacas son candidatos.

O único garantido é o premio de Honra, que vai levar unha veterana da música galega, a cantante María Manuela, que xunto co seu compañeiro Miguel se converteron nos representantes da chamada canción protesta, sempre comprometidos coa nosa lingua.


 

Noticias web

22/06/2020