Aparecen varios gromos relacionados con festas e ocio nocturno en Santiago
Publicado o 26/09/2020 20:45
Nas últimas tivemos coñecemento de varios gromos relacionados con festas, botellóns e ocio nocturno. Iso fixo que se estremasen os controis. En cidades universitarias, como Santiago de Compostela, desaloxaron 28 pisos na noite do xoves ao venres. A Policía Local tamén tivo que actuar para disolver varios botellóns na carballeira de Santa Susana.
Esa mesma noite, os axentes sorprenderon no interior dun pub a un cento de persoas bailando sen máscara e sen respectar a distancia de seguridade. A Policía Local asegura que había clientes consumindo na barra, pese a que está prohibido polas restricións que rexen en Santiago para evitar a expansión do coronavirus.
Máis sobre Santiago de Compostela
26/02/2021 20:00
24/02/2021 13:43