CRTVG

Buscar

Aparecen pintados sinais erróneos no centro de Vigo que desvían os peregrinos do Camiño

Publicado o 10/01/2020 13:59

Frecha amarela por aquí, frecha amarela por alá, e ninguén sabe quen as pintou. Hai uns días que apareceron no chan e guían os peregrinos por unha das rúas máis comerciais de Vigo. As principais asociacións negan a autoría e queren que sexan borradas porque non coinciden co itinerario histórico nin o correcto. As frechas dirixen os peregrinos por Urzáiz ata O Calvario pese a que a ruta vai por polo Areal e Sanjurjo Badía.

O incidente das frechas amarelas pon en evidencia que o centro da cidade carece de sinalizacións oficiais e que se dá unha mala imaxe da cidade. A limpeza destas pintadas correspóndelle ao Concello e polo e agora permanecen no chan.

Ante a falla de sinalización ofical, as asociacións de peregrinos sosteñen que o itinerario costeiro polo Areal é a ruta recomendada de xeito provisional.

Noticias web

10/01/2020