CRTVG

Buscar

Aparecen pintadas na fachada da Casa Cornide, propiedade da familia Franco

Publicado o 21/11/2019 11:52

Na Coruña, varias pintadas danaron a fachada da histórica Casa Cornide. Apareceron coincidindo co 44 aniversario da morte de Franco, xa que o inmoble segue en mans da súa familia.

A pesar do seu gran valor histórico e artístico, xa que é dos poucos pazos urbanos do seu estilo que aínda se conservan en Galicia, carece da declaración de Ben de Interese Cultural. O inmoble só ten protección monumental de nivel un, polo que este tipo de actos vandálicos están catalogados como delito contra o patrimonio.

Estas pintadas súmanse ás que nos últimos meses apareceron tamén noutros puntos da zona histórica herculina, como son a praza das Bárbaras ou a colexiata de Santa María. 

 

Noticias web

21/11/2019