CRTVG

Buscar

Aparecen pintadas en varias fachadas públicas e privadas de Portosín

Publicado o 24/09/2019 14:04

En Portosín apareceron da noite para a mañá pintadas en varias fachadas. O autor deixou a súa pegada vandálica en superficies públicas e nalgunha privada.

A realizada nun lateral da antiga confraría é a máis extensa das pintadas que apareceron contra o final da semana pasada en diversas fachadas de Portosín, no concello de Porto do Son. Á mesma autoría corresponden, supostamente, algunhas das realizadas noutras construcións públicas, e no sinal da renovada travesía da Igrexa.

Nesta fachada persiste a pegada que deixou a tintura negra a pesar do traballo de limpeza realizado coa pretensión de eliminar a inscrición vandálica. O propietario da casa presentou denuncia ante a Garda Civil no cuartel de Porto do Son.

Veciños de Portosín dixéronnos, fóra de cámara, que son feitos rexeitables non só polo que supoñen de feísmo, tamén polo gasto que implica para as arcas públicas ou particulares para facelas desaparecer. Entre as opinións escoitadas, gran parte falaba de que son actos vandálicos resultado dunha rapazada sen sentido ningún.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019