CRTVG

Buscar

Aparece un home calcinado na súa vivenda en Ourense

Publicado o 24/02/2020 13:08

A Unidade de Delincuencia da Policía Nacional de Ourense investiga as causas da morte dun home no seu domicilio. Apareceu calcinado no interior dun cuarto. Vivía nun semisoto.

Foi un coñecido quen alertou os servizos de emerxencia ao atopar na porta de entrada restos de incendio. Os axentes atopáronse xa co home, de 68 anos, morto. Había restos de fume por toda a casa, pero o único cuarto calcinado era onde apareceu. O cadáver non presentaba signos de violencia.

Están abertas todas as hipóteses. Os axentes están á espera dos resultados da autopsia e dos informes do forense. O home tiña unha orde de desafiuzamento que tiña que cumprir esta mesma mañá.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2020