CRTVG

Buscar

Atopan en Santo Adrán de Cobres o que podería ser o corpo do pontevedrés desaparecido en Rande

Publicado o 07/06/2019 19:52

Un bateeiro atopou esta mañá un cadáver en Santo Adrán de Cobres baixo unha batea. O corpo foi rescatado por unha patrulleira da Garda Civil que o conduciu ao peirao de Cangas onde se produciu o levantamento do cadáver. A investigación inicial apunta a que podería ser o pontevedrés que caeu da ponte de Rande a madrugada do 12 de maio tras deixar o seu coche en marcha na vía.