CRTVG

Buscar

Aparece o corpo dun home na enseada de Santa Lucía, en Mugardos

Publicado o 08/05/2020 19:32
Aparece o corpo dun home na enseada de Santa Lucía, en Mugardos

En Mugardos, investigan as causas que rodean a morte dun veciño da localidade. O corpo foi atopado sen vida na enseada de Santa Lucía. Ao parecer foi ata alí para comprobar o estado dunha lancha.

Foi un veciño o que deu a voz de alarma. Ata a zona desprazouse unha embarcación de Salvamento, amais de efectivos da Policía Local, Protección Civil e Urxencias Médicas. O corpo foi trasladado ao hospital Naval de Ferrol para practicarlle a autopsia.

Noticias web

08/05/2020