CRTVG

Buscar

Aparece o corpo dun home aboiando no porto de Vigo

Publicado o 06/07/2020 10:19

A Policía Nacional tenta aclarar as causas do falecemento do home que apareceu esta madrugada aboiando no porto de Vigo. O corpo estaba na auga á altura da dársena de Frigoríficos do Berbés. Alí foi avistado por unha persoa que deu aviso aos servizos de emerxencia pouco despois da medianoite. Axentes da Policía Local e dos bombeiros de Vigo rescataron do mar o cadáver, que resultou ser un vigués nacido en 1958.

 

Noticias web

06/07/2020