CRTVG

Buscar

Investigan a identidade do cadáver que apareceu nunha cala de Ribadeo

Publicado o 09/06/2019 21:48

As primeiras investigacións apuntan a que podería ser un home alemán que levaría varios días morto. A Garda Civil sospeita que a marea o arrastrou desde outra zona. Tiña unha ferida na cabeza.

Unha familia que paseaba preto deste cantil de Ribadeo foi a que avistou o corpo moi preto das rochas. Deseguida chamaron os servizos de emerxencia para comunicar o achado.

O falecido é un home de nacionalidade alemá e todo apunta a que a morte puido producirse hai algúns días e que as correntes mariñas foron arrastrando o corpo ata que acabou nesta praia.

No lugar presentáronse de inmediato voluntarios de Protección Civil de Ribadeo, a Garda Civil e os bombeiros de Barreiros. Cunha padiola subiron o corpo a terra, ata que chegou a autoridade xudicial para o levantamento do cadáver.

O finado é o un cidadán alemán, segundo a identificación que portaba na roupa. Levaba, ademais, unha tarxeta de embarque correspondente a un voo dese país.

A Policía Xudicial da Garda Civil está a realizar as xestións para comunicarlle á familia o falecemento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/06/2019