CRTVG

Buscar

Aparece morto en estrañas circunstancias un home desaparecido en Ribeira

Publicado o 25/02/2020 13:33

A Manuel Sieira Martínez, un home de 60 anos, veciño da Amarella en Ribeira, botouno en falta onte a familia e denunciaron a sua desaparición. Vírano por última vez polo seu barrio. Púxose entón en marcha un dispositivo de busca en que participaron Policía Local, Protección Civil, familia e amigos.

Pero o operativo suspendeuse contra as 7 da tarde. Un achegado da famila botou en falta unhas chaves que gardaba Manuel. Pertencían a un local que antigamente albergara a coñecida discoteca Claqué, na rúa Cristóbal Colón. O home foi ata alí e localizou o corpo de Manuel Sieira sen vida.

Segundo fontes da investigación o cadáver presentaba disparos de arma de fogo. A Policía Nacional de Ribeira dirixe as pescudas para intentar esclarecer as circunstancias da morte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2020