CRTVG

Buscar

Aparece morto dentro do seu vehículo un taxista en Alcalá de Henares

Publicado o 19/11/2019 08:02

A policía busca o autor da morte dun taxista acontecida esta noite en Alcalá de Henares. Todo indica que a vítima, duns 60 anos, tentou defenderse dun roubo e foi degolado polo seu agresor.

Os feitos aconteceron arredor da doce e media da noite nunha praza a carón da estación de proximidade de Alcalá de Henares.

Segundo os primeiros indicios, o taxista sufriu un roubo e foi degolado polo seu agresor.

Os cortes nas mans fanlles pensar aos investigadores que a vítima tentou defenderse. A policía comezou a busca do agresor que foi visto por unha muller que paseaba o seu can pola zona.

A vítima, de 60 anos, pertencía á cooperativa Alcalá Radio Taxi. Taxistas de toda España expresaron a súa consternación polo asasinato dun compañeiro e tanto en Alcalá de Henares como en Madrid convocáronse concentracións de repulsa.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí