CRTVG

Buscar

Aparece morta unha persoa nun terreo abandonado en Vigo

Publicado o 05/09/2020 23:26
Aparece morta unha persoa nun terreo abandonado en Vigo

O cadáver dunha persoa foi localizado nun soar abandonado situado na rúa Ribadavia de Vigo, en pleno centro da cidade, nas proximidades do antigo hospital Xeral. Ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios e axentes da Policía Local e da Policía Nacional que investigan as causas deste tráxico suceso.