CRTVG

Buscar

Aparece en Biscaia un posible caso do coronavirus chinés

Publicado o 25/01/2020 01:31
Aparece en Biscaia un posible caso do coronavirus chinés

O departamento de saúde do Goberno vasco detectou en Biscaia un caso sospeitoso de pneumonía asociada ao coronavirus de orixe chinesa nunha muller que regresou recentemente da provincia de Wuhan e presenta sintomatoloxía ligada a esta doenza. A muller está ingresada no hospital de Cruces en réxime de illamento. Á espera de confirmación, o Goberno vasco puxo en marcha o protocolo de actuación e as medidas preventivas. As mostas da analítica foron enviadas ao Centro Nacional de Microbioloxía de Majadahonda, laboratorio de referencia. Está previsto que os resultados se coñezan entre este sábado e o domingo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí