CRTVG

Buscar

Aparatoso incendio a carón da autoestrada en Vigo

Publicado o 28/02/2019 14:15

Máis de dúas horas tardaron os bombeiros de Vigo en extinguir as lapas e refrixerar esta vivenda de Canadelo baixo número trinta e un. Segundo os veciños, o seu propietario, un home de avanzada idade, estaba a soldar cun soprete e cando xa estaba rematando foi cando xurdiron as lapas. A casa está chea de cousas e mesmo ten palla e alimento para as galiñas que o home cría no patio.

A Xosefa avisouna unha veciña e axiña viu fume, pero tamén lume. Os bombeiros apareceron axiña e Xosefa, que vive na vivenda lindeira, a carón da autoestrada, tamén contou coa axuda do seu sobriño. Nos momentos iniciais pasaron bastante medo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019