CRTVG

Buscar

Aparatoso accidente en Bertamiráns, sen danos persoais

Publicado o 20/12/2020 19:41

Tarde accidentada nas estradas galegas ante a chuvia e o vento que complicaban a circulación.

Na vía que une Santiago con Bertamiráns sufría un accidente un coche. A súa condutora e única ocupante perdeu o control do vehículo por causas que aínda se investigan. Fóiselle da estrada e despois de varias voltas de capitón acabou no medio dunha leira. Puido saír polo seu propio pé e non sufriu feridas de gravidade. Os servizos de emerxencias avisaron un guindastre que esta tardiña conseguía retirar o vehículo.

Noticias web

20/12/2020