CRTVG

Buscar

Aparatoso accidente de tráfico en Ribadavia

Publicado o 17/11/2019 17:11
Aparatoso accidente de tráfico en Ribadavia

Efectivos de seguridade da provincia de Ourense trasladáronse á travesía de San Cristovo, en Ribadavia, para atender a colisión frontal entre dous turismos, que por fortuna só rexistrou feridos de escasa consideración. Da aparatosidade do golpe dá boa conta a fotografía que acompaña esta nota.

No atestado interviñeron membros da patrulla de motoristas do destacamento de tráfico da Garda Civil de ourense, o equipo de atestados do subsector de tráfico e o GES de Ribadavia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí