CRTVG

Buscar

Apagamento reivindicativo nas Pontes para que Endesa aclare os seus plans para a térmica

Publicado o 21/11/2019 20:57

As Pontes quedou ás escuras entre as oito e as nove da noite. Non houbo ningunha avaria, é un acto reivindicativo en defensa do futuro da central térmica. Apagouse a iluminación pública e os veciños acudiron á praza do Carme con candeas.

A carón dunha pancarta co lema "Endesa apáganos a luz", pídenlle á empresa e ao seu principal accionista, Enel, que aclaren os seus plans coa térmica.


 

Noticias web

21/11/2019