CRTVG

Buscar

Antonio Banderas fai 60 anos en corentena tras dar positivo en covid-19

Publicado o 10/08/2020 18:51
Antonio Banderas fai 60 anos en corentena tras dar positivo en covid-19

O aclamado actor Antonio Banderas acaba de anunciar que deu positivo por coronavirus. Fíxoo a través da súa conta de Twitter, nun breve comunicado o actor malagueño di que se atopa ben mentres garda a corentena.

O anuncio chega no mesmo día en que Banderas fai 60 anos. Conta con recuperarse pronto e indica que aproveitará o seu confinamento para ler, escribir e descansar.