CRTVG

Buscar

Anticorrupción pídelle ao xuíz que volva citar a Dina Bousselham e o seu exmarido

Publicado o 11/09/2020 16:26
Anticorrupción pídelle ao xuíz que volva citar a Dina Bousselham e o seu exmarido

Falamos tamén do caso Dina, que xulga o roubo do móbil dunha antiga asesora de Pablo Iglesias, e o uso posterior dos seus datos. A Fiscalía pide que volva declarar a propia asesora, Dina Bousselham, e tamén o seu marido.

Onte compareceu na causa o exavogado de Podemos José Manuel Calvente. Acusou directamente a cúpula do partido, a Pablo Iglesias e a Irene Montero, de artellar unha montaxe para que o roubo parecese feito polas chamadas cloacas do Estado. Calvente tamén denunciou que está a recibir ameazas do partido. Dende Podemos cualifican a declaración do que fora o seu avogado como un show sen probas, pero o xuíz xa lle pediu á Fiscalía que investigue ese suposto acoso.

Noticias web

11/09/2020