CRTVG

Buscar

Anticorrupción dille ao xuíz da Audiencia Nacional que só o Supremo pode investigar a Xoán Carlos

Publicado o 08/09/2020 19:46
Anticorrupción dille ao xuíz da Audiencia Nacional que só o Supremo pode investigar a Xoán Carlos

A Fiscalía Anticorrupción dille ao xuíz da Audiencia Nacional que pode seguir coas pescudas sobre Corinna Larsen. Pero advírtelle que debe absterse de investigala en calquera asunto que poida afectar o rei emérito.

Anticorrupción explica que é competencia do Supremo porque Xoán Carlos I mantén a condición de aforado.

A amiga do rei emérito está a ser investigada polos supostos encargos que lle fixo ao comisario Villarejo no marco da peza Carol que está dentro da macrocausa Tándem, que investiga a Villarejo polos delitos de branqueo e organización criminal.

Noticias web

08/09/2020