CRTVG

Buscar

Anquela: "Levamos dous partidos e medio facendo as cousas con criterio"

Publicado o 16/09/2019 16:29

Quixo o VAR que rematase cun fondo suspiro unha historia que non puido comezar peor. Aos cinco minutos, o Deportivo xa pagaba o descontrol nas marcas que lle permitíu a Djuerdevic asinar un gol de bandeira

Da cabeza de Christian Santos en voo rasante puido sair o equilibrio. Evitouno a trabe. Nun tímido intercambio de golpes luciu a bota de Aketxe, xa na segunda parte, que obrigou a Mariño a un paradón de videoteca. Seguridade semellante á dun amolado Dani Giménez, moi descontento coa súa retagarda. E cando o partido morría, a acción chave: a man de Borja López que o árbitro non ve, pero o VAR si. Penalti sen discusión para que Aketxe, con frialdade de xeo e golpeo temperado, rescate un punto no Molinón que fai respirar a Anquela.

Visión da botella medio chea que deberá confirmar, ou non, este mesmo mércores en Riazor fronte ao Numancia.

Noticias web

16/09/2019